domingo, xaneiro 21, 2007

Rede Litoral Vivo: O Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística

De: Xan Duro
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de xaneiro de 2007 19:27
Asunto: O Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística e territorial


Ola a tod@s,

Como xa sabedes (enviouse a convocatoria a esta lista. Tedes copia ao final do correo) o Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística e territorial. Suxire unha xuntanza en Compostela nas próximas semanas para avaliar esta posibilidade.

Esta xuntanza e mobilización, no caso de facerse, debe contar coa Rede Litoral Vivo xa constituinda polo que, unha vez máis, pídovos que a volta de correo, indiquedes o voso interese na constitución oficial da Rede Litoral Vivo e, se así o considerades, calquera nova suxestión para os documentos que temos en borrador. Non debemos agardar máis.

Envíasevos tamén unha copia deste correo aos vosos enderezos-e para que confirmedes a recepción do mesmo.

Unha aperta
--
Xan Duro
Coordenador Xeral
www.verdegaia.org
www.bicis.info


O colectivo Fusquenlla de Pontedeume quérevos invitar a colaborar na organización dunha concentración en Santiago de Compostela, que pretendemos sexa o máis concurrida posible, para amosar a nosa preocupación pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galicia e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións urbanísticas no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrucción do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, o retroceso dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos cara o noso entorno.

Cremos que se dan as condicións para poder afrontar esta mobilización dada a sensibilidade social que hoxe en día hai.

Para comezar deberiamos celebrar nas próximas semanas unha reunión previa de tódolos colectivos, asociacións e plataformas interesadas coa finalidade de prepara-la convocatoria, fixa-las datas e atender a tódolos aspectos organizativos. Esta reunión previa poderiase celebrar
en Santiago.

Asemesmo, e dado o elevado número de organizacións involucradas, pedímosvos que trasladedes esta invitación a cantas asociacións vecinais, grupos ecologistas e entidades do voso entorno poidan estar interesadas.

Facédenos chegar a vosa opinión sobre este proxecto ao enderezo:

fusquenlla@sospontedeume.com

Decídenos se o vedes viábel e se estades dispostos a participar, cando menos nesa reunión previa. Tamén sería interesante acadar a colaboración de destacados personaxes, intelectuales, políticos, etc. que se amosan publicamente en contra deste grave problema que afecta ao noso país.

Un saúdo de Fusquenlla <http://www.sospontedeume.com>

venres, xaneiro 19, 2007

Reportaxe en TVE2 sobre a planta de gas de Reganosa o domingo 28 de xaneiro, ás 20:30 hrs

De:calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19-xaneiro-2007 0:46
Asunto: Reportaxe en TVE2 sobre a planta de gas de Reganosa o domingo 28 ás 20:30 PASAO A TOD@S TEUS CONTACTOS POR FAVOR. FERROL AGRADECERA-CHO

UN GASODUCTO NO MEU XARDÍN
Domingo 28 de Xaneiro 2007, ás 20:30h, na 2 de TVE


"Vivimos cunha planta de gas á beira e cun gasoducto que pasa polo xardín e xusto por baixo das cimentaciós das nosas casas". É a denuncia de Luz Mariña e Elena Rei, veciñas do pobo de Mugardos, na galega Ría de Ferrol, ante a inseguridade que senten desde que se iniciaron as obras para construír unha planta de transformación de gas situada a escasos 100 metros das súas vivendas.

E non son as únicas, porque xusto enfronte, a 1 quilómetro escaso, está Ferrol, e alí máis de sesenta asociacións civís formaron o Comité Citadán de Urxencia para intentar que a planta non entre en funcionamento.

O proceso industrial dunha regasificadora como a de Mugardos consiste en recibir buques metaneiros cargados con gas natural en estado líquido, algo que se logra arrefriándoo a 160 grados baixo cero. Os barcos descargan este gas licuado nuns tanques onde se requenta o gas e devólvese ao seu estado gaseoso para ser distribuído pola rede nacional de gasoductos.

Nin Reganosa, a empresa propietaria da instalación, nin o Ministerio de Industria quixeron participar nesta reportaxe na que os veciños afectados afirman que a planta incumple a normativa de seguridade no que se refire a distancias mínimas a núcleos de poboación. Engaden, ademais, que supón un gravísimo perigo para as súas vidas a entrada semanal de grandes barcos gaseiros nunha Ría angosta e de pouca profundidade como é a de Ferrol.

Aquí funciónase coa pleamar, isto é, que cada 12 horas sube o nivel do mar para que entren os barcos grandes. Se un gaseiro tivese un accidente dentro da Ría, escapase o gas e non houbese pleamar, sería un holocausto!!, afirma Carmelo, un dos membros máis activos do Comité Citadán.

A Xunta de Galicia afirma que a planta de Reganosa cumple con todos os requisitos legais, pero o caso é que a xustiza admitiu a trámite unha ducia de contenciosos que están atrasando unha posta en marcha anunciada inicialmente para 2004.

En España funcionan actualmente cinco regasificadoras, e Galicia ten sede de gas; a escasez do mesmo impediu históricamente un maior desenvolvemento da súa industria e restou competitividade a boa parte dos seus produtos. Con todo son moitos os que, aínda defendendo a necesidade do gas, renegan da ubicación da planta, escollida por un grupo privado, apoiada pola Xunta anterior de Manuel Fraga, asumida pola coalición que encabeza o goberno galego actual.

"Un gasoducto no meu xardín" é unha reportaxe de Carlos Enrique Carrasco, realizado por José Luís Costas Solagrán.

Liña 900 é un programa de "la2" de TVE dirixido por Jaume Codina, presentado por Xavier Muixí e producido por Alejandro Amillano.

Carlos Lareo
Portavoz de Os Verdes - Grupo Verde de Ferrolterra

PLANTA DE GAS DE FERROL SOCORROOOOOOOOO!!!!!

POR FAVOR REENVÍA ESTA MENSAXE A TODOS OS TEUS CONTACTOS.

NECESITAMOS O APOIO DE TODAS E TODOS OS FERROLÁNS e GALEGOS DE BEN PARA PARAR ESTA LOUCURA!!!.
(INFORMATE DO PROBLEMA QUE SE NOS VEN ACIMA!!!!.)

NON PERDAS O PROGRAMA DE LINEA 900 DO DOMINGO 28!!.


Esta mensaxe foi enviado a :
prensa@casareal.es; jlrzapatero@presidencia.gob.es; eperezt@usc.es; secre.presiden@xunta.es; medios.informativos@xunta.es; gabinete@xunta.es; club.inter.prensa@xunta.es; conselleria.medio.ambiente@xunta.es; prensa.cma@xunta.es; jacobo.garcia.blanco@parlamentodegalicia.es; presidencia@parlamentodegalicia.es; prensa.industria@xunta.es; sedenacional@bng-galiza.org; Info.Cidadan@xunta.es; ceng@psdeg-psoe.org; ana.puig@gps.congreso.es; hipolito.farinas@diputado.congreso.es; registro@defensordelpueblo.es; gabinete.prensa@izquierda-unida.es; atencion@pp.es; psoe@psoe.es; grupo.popular@gpp.congreso.es; victoria.lopez@gpiu.congreso.es; olga.alberdi@gpiu.congreso.es; alcaldia@ferrol-concello.es; gabineteprensa@ferrol-concello.es; ferrol@bng-galiza.org; gp-bng@parlamentodegalicia.es; secretaria.bng@gpmixto.congreso.es; cnogueira@europarl.eu.int; ceng@psdeg-psoe.org; galicia@pp.es; corunya@pp.es; ucferrol@galicia.ccoo.es; galicia@csi-csif.es; ustgalicia@terra.es; ugtferrol@galicia.ugt.org; eu-mugardos@esquerdaunida.org; eu-ferrolterra@esquerdaunida.org; eu-fene@esquerdaunida.org; eu-neda@esquerdaunida.org; ecop@cesga.es; jaime.pita.varela@parlamentodegalicia.es; valedor@valedordopobo.com; rexistro@valedordopobo.com; juanjose.gallo@dicoruna.es; dgpc@proteccioncivil.org; alcaldia@ferrol-concello.es
Enviado: vernes, 19 de xaneiro, 2007 0:42:42

Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18-xaneiro-2007 11:52
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos e en contra da construcción dun macroedificio na Praza de España


Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos e en contra da construcción dun macroedificio na Praza de España e anima á cidadanía a participar nela.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol este edificio supón un elemento máis a sumar á desfeita da Praza de España e que foi vendido ante a cidadanía, polo Grupo de Goberno municipal, como solución á mesma e como contraprestación á empresa que realiza o soterramento do enlace da Avenida do Rei e a Avenida de Vigo pola execución desta obra sen custes para o Concello. Nembargantes, na nosa opinión, a construcción deste macroedificio de 21 metros de altura supón, ademais de romper a fisonomía propia da praza, unha usurpación dun espazo público para darlle uns usos privativos; polo tanto, ten un custe social moi elevado que a miopía gubernativa municipal non é capaz de ver e, moito menos, valorar.

O que se nos presenta como a panacea dos males da Praza de España e debido as presas políticas, que non de execución da obra, ten, ademais, apariencia de non respectar os usos do solo urbano para a parcela na que se localiza e así foi denunciado pola Federación Veciñal de Zona Urbana. Polo tanto convén aclarar estos extremos antes de continuar cun edificio que privará por moitos anos a Ferrol do desfrute dunha das súas prazas públicas máis senlleiras.

Por estos motivos, pola enfermiza privatización do solo público por parte da dereita municipal, por un urbanismo para a cidadanía, porque o solo público é de todos e todas e non duns poucos, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere animar a toda a cidadanía a participar na manifestación do próximo día 21 de xaneiro: “Na defensa dos espazos públicos, non ao edificio na Praza de España”.

Ferrol, 18 de xaneiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

NÓS-Unidade Popular convoca a participar na manifestaçom pola anulaçom do projecto de edifício em plena Porta Nova de Ferrol

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra212gmail.com
Data: 17 de xaneiro de 2007 23:19
Asunto:NÓS-Unidade Popular convoca a participar na manifestaçom pola anulaçom do projecto de edifício em plena Porta Nova de Ferrol

A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos quer fazer público um firme apoio à manifestaçom que neste domingo, dia 21 de Janeiro, marchará polas ruas do centro de Ferrol em defesa dos espaços públicos do nosso concelho.

No passado mês de Dezembro, centenas de ferrolanas e ferrolanos demonstramos numha manifestaçom semelhante que existe umha oposiçom significativa aos planos especulativos do Partido Popular e Independientes por Ferrol que, graças à morna e inofensiva oposiçom das restantes forças representadas no pleno, pensam aplicar os seus planos urbanísticos, tam contrários aos interesses da maioria como favoráveis às construtoras que lhes financiam as campanhas eleitorais.

Ferrol padece, desde há muitas décadas, partindo da etapa da ditadura franquista, políticas urbanísticas que tenhem desfigurado a cidade, estendendo o cimento e eliminando zonas verdes, entregando ao domínio dos carros e do cimento um espaço que nos corresponde a todos e todas nós: as pessoas que habitamos o nosso concelho.

As obras na Porta Nova, cujo nome tradicional foi substituído no franquismo polo ilegítimo de “plaza de España” e assim mantido até a actualidade, representam um novo capítulo da história de agressons contra a possibilidade de construirmos umha cidade humanizada, aberta às pessoas e minimamente habitável.

Por isso, neste domingo devemos dizer, alto e claro, que os negócios privados que pretendem instalar no macro-edifício da Porta Nova nom som nengumha prioridade nem muito menos um bem comum para a nossa cidade. Som umha manobra para restringir ainda mais os reduzidos espaços públicos e zonas verdes com que conta Ferrol.

Os ferrolanos e ferrolanas conscientes, principalmente as que engrossamos as classes trabalhadoras, devemos reivindicar o direito à umha cidade humanizada, onde poder viver e relacionar-nos, desfrutar o tempo de lazer e garantir isso mesmo aos nossos filhos e filhas.

PP e IF só governam para as construtoras e os seus negócios.

Frente à direita especuladora e privatizadora, defendamos os espaços públicos!

Fora o projecto de macro-edifício na Porta Nova!

Ferrol, 17 de Janeiro de 2007

xoves, xaneiro 18, 2007

Manifesto Cidadán asinado polas entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos

MANIFESTO CIDADÁN

Todas as cidades son, desde a antigüidade, en primeiro lugar, os seus espazos públicos. Espazos de encontro, espazos solidarios aos que toda a cidadanía temos dereito; espazos democráticos que nos igualan, novos e vellos, ricos e pobres, homes e mulleres. Son os espazos públicos o cerne da vida urbana, onde se suceden as festas, as manifestacións políticas, o comercio, o xogo, o deporte, o paseo e o lecer… onde se expresa a nosa identidade colectiva, onde se materializa todo o que fomos no pasado, o que somos e o que queremos ser. Só somos cidadás e cidadáns plenos cando gozamos destes lugares colectivos, abertos e accesibles .

Os espazos públicos son ademais, non o esquezamos, a herdanza máis importante que deixou a historia da cidade, espazos abertos necesarios para a vida, cheos de significado e de memoria. É a nosa responsabilidade deixar estes espazos ás novas xeracións mellor de cómo os recibimos das nosas nais e pais.

As grandes cidades, as cidades que nos enfeitizan no cine ou cando viaxamos, presumen das súas rúas e prazas, dos seus parques e xardíns, como signo da calidade de vida da que gozan os que alí viven. E non presumen só os seus gobernantes, tamén a cidadanía sente orgullo do seu e o defenden, como o defendemos nós hoxe nesta praza.

Sen embargo, algúns queren facernos crer que a calidade de vida non ten nada que ver co gozo dos espazos públicos. Queren facernos crer que o progreso reside no cemento e nos centros comerciais.

Algúns queren facernos crer que é necesario utilizar os espazos públicos como mercadorías, que se pode vender, e mesmo regalar, o noso capital cidadán. Están empeñados en nos explicar que é necesario poñer, o que é de toda a cidadanía, nas mans de empresas privadas, para que o xestionen como mellor lles conveña.

Preséntannos un mundo ao revés, onde o branco é negro, o negro branco. Un mundo ao revés onde os piratas, como dí a canción, son honrados.

Exemplos recentes non faltan. Ameazan con destruír paraxes naturais, con cambiar prazas públicas por centros de ocio privados, con cambiar centros culturais por centros comerciais.

Na Praza da porta Nova [Praza de España], o Concello de Ferrol está a executar unha obra ilegal nun espazo público, nunha praza. Unha obra ("hito urbano" lle chaman, como se a praza non puidese ser un fito urbano sen edificio), que de consumarse suporía hipotecar unha parte do espazo público máis importante da cidade ata dentro de 75 anos. ¿Qué pasará se dentro de dez anos o edificio deixa de ter uso?, ¿teríamos que aguantar a súa ruína durante outros 65 anos ou indemnizar ao concesionario?

Unha obra ilegal que pon en evidencia que mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración que é garante do seu cumprimento, o Concello de Ferrol, pode pasar olimpicamente do cumprimento desta norma na Praza da Porta Nova [Praza de España]. Din que o fito urbano é legalizable, porque no futuro pódese adaptar o Plan Xeral ao que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans. Unha sorte de Far West, no que manda o máis forte. Un territorio no que a cidadanía cumpren as normas mentres a administración as adapta á súa conveniencia.

Na Praza da Porta Nova [Praza de España] o negocio está claro, máis o beneficio non. ¿Onde está a necesidade de construír un edificio de 21 m de altura, de uso privado, sobre un espazo público?, ¿quen necesita un edificio de oficinas no medio dunha praza cando na cidade hai centos de oficinas baleiras? ¿Quen necesita un novo centro comercial que arruíne o pequeno comercio da Madalena, un dos recursos máis importantes da cidade? Eles saberán. Nós, dende logo non vemos tal beneficio.

Non Sr. Juncal, non Sr. Evia, non Sr. Pita Romero, non Sr. Juan Fernández. Non queremos que nos sigan roubando o noso patrimonio público. Non queremos un urbanismo que consista na subasta e liquidación do patrimonio público, dos espazos conquistados e mantidos durante anos, xeración tras xeración, co esforzo de todos e todas.

A veciñanza de Ferrol queremos que se reurbanicen as prazas e rúas da cidade, que sexan accesibles e compartibles por toda a cidadanía e non coto privado duns “negocietes”.

Queremos que os espazos públicos de Ferrol sexan máis e mellores. Queremos que a mellora das rúas e prazas, as zonas verdes e deportivas, os xardíns e os parques urbanos sexa a prioridade número un do urbanismo municipal.

¡ Non ao edificio ilegal da Praza da porta Nova, non aos usos privados dun espazo público, Paren as obras Xa !

Ferrol, a 21 de xaneiro de 2007.

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Centro Comercial Aberto da Magdalena,
CC.OO Ferrol, Colectivo Veciñal Sartaña,
CIG-Ferrol,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

martes, xaneiro 16, 2007

Roteiro polas zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña e Ponzos, na parroquia ferrolá de Covas

Clicar acima para ampliar


De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal -ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de xaneiro de 2007 14:27

VERDEGAIA ORGANIZA UN ROTEIRO POLO L.I.C. COSTA ÁRTABRA, NO SEU TRAMO DE SANTA COMBA, SARTAÑA E PONZOS

O L.I.C. Costa Ártabra repártese polos concellos costeiros de Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Cariño e Ortigueira. Trátase dun tramo de costa moi variado en canto a ecosistemas se refire, albergando areais, cantís, humidais, pequenas illas e mesmo serras, e que conforman un espazo único integrado dentro da Rede Natura 2000. O tramo de costa que imos percorrer correspóndese coas zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña e Ponzos, na parroquia ferrolá de Covas. Ademais dos seus valores ambientais e patrimoniais, queremos salientar as múltiples agresións que ameazan a conservación deste espazo protexido como é o proxecto de parque acuícola ideado para Ponzos.


Data: Domingo 28 de Xaneiro de 2007.
Saída: 10:00h.
Lugar: Escalinata de Correos (Ferrol).
Dificultade: media-baixa.
Transporte gratuito.
Non inclúe xantar.
Prégase inscripción.
Contacto: 616 03 92 68 - 661 63 69 46

Ferrol, 15 de Xaneiro de 2006

Atentamente,
Mónica Arto Blanco
Coordenadora do Núcleo Comarcal de Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal
ferrol@verdegaia.org

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galicia para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Foi fundada o 2 de Abril de 2006.

Máis información en www.verdegaia.org

Desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza

De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15/01/2007 07:32
Assunto: Desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza.


Queremos manifestar o noso desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza.

Consideramos prioritario que a administración galega volque os seus esforzos en que as condicións das nosas rías e das augas próximas á costa (onde existe un moi importante potencial de producción pesqueira) non continúen a padecer as problemáticas dos hidrocarburos, augas residuais, recheos, etc, que dificuldan ou impeden dispormos dunha producción pesqueira sen comparanza en calidade e en número de postos de traballo con respeito ás plantas de acuicultura.

Non rexeitamos a instalación de estas plantas sempre en cando se faga desde criterios de sustentabilidade para o noso entorno natural. A necesidade que este tipo de empresas teñen da utilización de auga do mar non implica necesariamente que a súa instalación se faga na beiramar, poidéndose contemplar a posibilidade de retiralas uns centos de metros para reducir o impacto sobre o noso litoral.

A Consellaría de Pesca non debe bailar ao son que toque unha empresa privada por moi grande que esta sexa. Pescanova, logo de recoller numerosas subvencións do erario público presionan á administración para que lle facilite saltarse a legalidade vixente, cousa esta, na que a administración soupo estar á altura das circunstancias ao impedir a súa instalación en Touriñán.

Mais agora non entendemos que desde a Consellaría se pretenda dar por feito a instalación dunha planta de acuicultura de enormes dimensións no litoral do concello de Ferrol sen que se coñeza un proxecto real nen que, xa que logo, teña superado os trámites legais para se instalare no noso litoral. Será culpa de esta consellaría se a opinión pública tira a conclusión de que se un entorno natural non fica dentro da Rede Natura 2000 xa non ten valor ecolóxico nen lexislación que o protexa.

Ferrol a 12 de xaneiro do 2007

Carlos Outeiro Baamonde
Vice-responsábel Adega-Trasancos

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662

Delegación ADEGA-Trasancos

luns, xaneiro 15, 2007

Acordos e actividade para a Manifestación Popular do domingo 21 de xaneiro

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Data: 15 de xaneiro de 2007 0:04

Para: artabra21@gmail.com
Asunto: Acordos e actividade para a Manifestación Popular do domingo 21 de xaneiro

Por ACORDO dos CONVOCANTES do pasado luns día 8 deste mes, trasladamos a DATA DA MANIFESTACIÓN para o día 21 de Xaneiro, nos mesmos termos que a anterior manifestación do día 3 de decembro-06, INCORPORANDO o SINDICATO USTG- Ferrol .

ACORDAMOS como ponto de encontro o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia ás 12 do mediodía , para saír en MANIFESTACIÓN á PRAZA DO CONCELLO, onde lerase o mesmo MANIFESTO.

- Xa esta a dispor de todos os CONVOCANTES os CARTEIS E OCTAVILLAS que podedes recoller os paquetes en Fontelonga ás 6 da tarde.

- ANUNCIO de CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN PARA O DÍA 21 en Rolda de PRENSA na GALERIA SARGADELOS , o pasado venres -12.

- Fixemos un REPARTO polo FEIRON DO INFERNIÑO de 2.000 panfletos este pasado sabado , antes da MANIFA convocada pola Asociación de Equatorianos -en Ferrol.

- Para o Mércores ás 12 do mediodía , faremos outro REPARTO no MERCADO DE RECIMIL.

- REPARTO na PRAZA DO CONCELLO para o xoves ás 7 da tarde.

- ENTREVISTA COA ASOCIACIÓN DE HOSTALERIA.-LUNS 15 , ás 5,30 horas da tarde nos seus locais da Rua Real.

- ENTREVISTA CONCELLEIRO DE URBANISMO DE FERROL .- MARTES -16, ás 5,30 horas da tarde en Urbanismo.

- ENTREVISTA DIRECCIÓN XERAL-XUNTA DE GALICIA .- MARTES -16, ás 10 horas da mañá en COMPOSTELA.

- ENTREVISTA DIRECCIÓN XERAL VIVENDA E SOLO - XUNTA DE GALICIA - MERCORES -23 , en COMPOSTELA .

- ACORDO de que as distintas entidades comuniquen durante toda a semana os APOIOS para dar forza a convocatoria.

- CARTEIS nos vosos barrios, negocios, panaderias, centros de traballo..etc.

- Están enviados por escrito o COMUNICADO a Subdelegación do Goberno, anunciando a MANIFESTACIÓN PARA O DÍA 21.

- COMUNICADO POR REXISTRO PARA A ALCALDIA DA MANIFESTACIÓN DO 21.

- SOLICITUDE DE USOS DE MEGAFONIA E CONEXION para ler o MANIFESTO.

Tamén a PLATAFORMA ARTABRA21, fai un ROGO de COLABORACIÓN de RECOLLIDA DE SINATURAS en vosos postos de TRABALLO, BARRIOS, COMERCIOS, etc., por persoas CENSADAS EN FERROL.

Podedes entregar os impresos aos representantes, coordinadores da PA21 .
A campaña de recollidas vai durar estes meses.

Ferrol a 15 de Xaneiro de 2007

Saúdos
-
asdo. Xosé M. Sanxoán.-


--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

STOP às agressons ao litoral: nom à piscifactória em Covas

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para:artabra21@gmail.com
Data: 13 de xaneiro de 2007 23:06
Asunto: STOP às agressons ao litoral: nom à piscifactória em Covas

Nos últimos dias, trascendeu nos meios de comunicaçom a pretensom da empresa “Isidro de la Cal” de construir umha macroplanta de aquicultura, contando com o apoio do PP e do presidente da Cámara Municipal de Ferrol, Juan Juncal. NÓS-Unidade Popular quer fazer pública a sua posiçom contrária a tal possibilidade com base ao seguintes critérios:

1. O projecto, com umha superfície de quase 400.000 m2, localizaria-se nas proximidades da praia de Ponços, na paróquia de Covas, numha área protegida pola Rede Natura como “Lugar de Interesse Comunitário (LIC) Costa Ártabra”, e pola sua condiçom de zona húmida e polo valor paisagístico da área, umha das mais valiosas do litoral ferrolano.

2. Dentro da irracional febre da promoçom de plantas desse tipo, tendentes a substituir progressivamente a merma de peixe pescado na alta mar, este projecto representa umha gravíssima ameaça para a riqueza natural e paisagística do nosso concelho, que parece contar com a cumplicidade institucional nom só do Governo municipal de Ferrol, mas também da Conselharia das Pescas da Junta da Galiza.

3. Por enésima vez, os interesses privados de umha empresa que oferece 60 postos de trabalho som postos por cima de qualquer consideraçom ou estudo ambiental sério. Mais umha vez, dependerá da capacidade de pressom do movimento popular da comarca que esta barbaridade poda concretizar-se ou seja finalmente descartada.

NÓS-Unidade Popular quer denunciar publicamente o projecto, exigir a sua retirada e confirmar a sua disposiçom a contestar na rua, junto a todos os sectores comprometidos com a defesa do nosso meio natural, tam depropositada proposta empresarial e institucional.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

Ferrol, 13 de Janeiro de 2007

Paremos a marea vermella [Importante convite do colectivo Fusquenlla]

De: Fusquenlla
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de xaneiro de 2007 18:47
Asunto: paremos a marea vermella

O colectivo Fusquenlla de Pontedeume quérevos invitar a colaborar na organización dunha concentración en Santiago de Compostela, que pretendemos sexa o máis concurrida posible, para amosar a nosa preocupación pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galicia e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións urbanísticas no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrucción do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, o retroceso dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos cara o noso entorno.

Cremos que se dan as condicións para poder afrontar esta mobilización dada a sensibilidade social que hoxe en día hai.

Para comezar deberiamos celebrar nas próximas semanas unha reunión previa de tódolos colectivos, asociacións e plataformas interesadas coa finalidade de prepara-la convocatoria, fixa-las datas e atender a tódolos aspectos organizativos. Esta reunión previa poderiase celebrar en Santiago.

Asemesmo, e dado o elevado número de organizacións involucradas, pedímosvos que trasladedes esta invitación a cantas asociacións vecinais, grupos ecologistas e entidades do voso entorno poidan estar interesadas.

Facédenos chegar a vosa opinión sobre este proxecto ao enderezo:

fusquenlla@sospontedeume.com

Decídenos se o vedes viábel e se estades dispostos a participar, cando menos nesa reunión previa. Tamén sería interesante acadar a colaboración de destacados personaxes, intelectuales, políticos, etc. que se amosan publicamente en contra deste grave problema que afecta ao noso país.

Un saúdo de Fusquenlla
http://www.sospontedeume.com

Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe a vixianza do paso de vehículos pesados na Estrada de Chá-Mandiá

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
data: 12-xaneiro-2007 11:05
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe a vixianza do paso de vehículos pesados na Estrada de Chá-Mandiá

Esquerda Unida-IU de Ferrol ante as continuas queixas da veciñanza de Mandiá esixe do responsable de Tráfico e ao Alcalde do Concello de Ferrol que fagan cumprir a normativa vixente aos responsables das obras do acceso ao Porto Exterior no seu paso pola parroquia de Mandiá.

A situación está a ter dimensións nas que, incluso, se pon en perigo integridade das propiedades dos veciños polo paso de camións de 35 toneladas nunha estrada que ten o límite máximo permitido en 5 toneladas.

Debemos destacar tamén que, denunciando esta situación, existen varias denuncias formais presentadas ante a Policía Local e numerosas chamadas telefónicas a este departamento alertando do paso frecuente de vehículos de alta tonelaxe pola dita estrada. Polo tanto, o seus responsabeis políticos non descoñecen a situación e a súa desideia está a provocar graves prexuízos á veciñanza e ás súas propiedades.

Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol igual que denunciamos, no seu día, pola execución das mesmas obras pero nas parroquias de Doniños e Cariño reiteramos que o Goberno Municipal está a mirar cara outro lado cando se trata de solucionar os problemas da veciñanza e, particularmente, dos da zona rural deixandoa a expensas dos intereses do Ministerio de Fomento e das empresas adxudicatarias das súas obras.

Doutra banda, no día de onte esta formación acudiu á invitación realizada pola Asociación de Veciños de Mandiá co fin de manifestar o seu posicionamento sobre o posible Polígono de Mandiá, asesorar e prestar a súa colaboración no que precise á dita Asociación neste tema.

Ferrol, 12 de xaneiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

xoves, xaneiro 11, 2007

Ante a noticia do proxecto de construcción dunha Empresa de acuícultura na zona de Covas

Opinión
De:eu-ferrolterra@esquerdaunida.org

Para: artabra21@gmail.com
11 de xaneiro de 2007 13:20


Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia do proxecto de construcción dunha Empresa de acuícultura na zona de Covas por parte da iniciativa privada quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, sinalar que a zona onde se pretende instalar a dita empresa, e que ocupará unha superficie de 390.000 m2 , atópase nun lugar sensible, independentemente da calificación ou protección do solo, dende un punto de vista ambiental. E significativo que a anterior Xunta de Galicia recortará a franxa de protección correspondente ao LIC “Costa Ártabra” en 550 metros nesta zona. Así, mentres nas zonas limítrofes a protección é de 700 metros aquí inexplicablemente, agás que xa existirá esta vontade e non fora comunicada, recórtase nesa extensión. Se isto, como todo indica, fora así debemos denunciar a nefasta ordenación do solo, algo que reiteradamente vimos realizando pois o solo é de todos, é un recurso escaso, e a Administración non debe actuar como garante dos intereses empresariais senón que debe velar, e é un mandato constitucional, por velar polo desfrute dos recursos naturais de todos e todas, velar porque este non se vexa alterado e respectar o principio internacional e asumido pola nosa lexislación do desenvolvemento sustentábel.

Doutra parte a ninguén se lle escapa que o alto valor paisaxístico da zona e que o estado case virxe da nosa costa, de executarse a dita iniciativa, verase seriamente comprometido e, incluso, comprometido para outros usos como u turismo sustentable.

En segundo lugar, e tamén relacionado coa ordenación, non debemos caer en erros do pasado como sucedeu coas minicentrais hidroeléctricas ou os parques eólicos e lamentar hoxe os seus efectos e ter que revisar as distintas concesións. Polo tanto, dende Esquerda unida-IU consideramos unha temeridade por parte do Goberno da Xunta anunciar este tipo de iniciativas sen rematar, todavía, o Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria e sen valorar ambientalmente a superficie onde se pensa localizar este enorme complexo industrial.

En terceiro lugar, este tipo de industrias atópanse na actualidade altamente mecanizadas polo que non debemos cegarnos coa creación de sesenta postos de traballo senón que debemos entrar na valoración de se para crear este tipo de industrias compensa alterar un espacio natural virxe, e valorar, tamén, a posibilidade de que outro tipo de actividades económicas máis respectuosas co medio podan crear un número de postos de traballo similar ou superior, como por exemplo, o turismo sustentábel antes dito.

En cuarto lugar, dende Esquerda Unida-IU, considerando que algúns tipos de acuicultura son ou podemos consideralos como ecoloxicamente sustentábeis, rexeitamos o argumento de que estas industrias son a solución da sobre pesca dos caladoiros, dende esta formación consideramos que a solución pasa pola recuperación destes e o apoio aos medios de pesca artesanais. Ademais, debemos advertir que este tipo de instalacións producen outro tipo de impactos cales son os derivados da producción dos pensos, ou a utilización de productos químicos e farmacolóxicos para o mantemento da explotación.

En quinto lugar, queremos denunciar, unha vez máis, a nula información recibida por parte da Alcaldía de Ferrol sobre este tema que, na nosa opinión, debe contar coa información e posterior consenso de tódolos grupos municipais antes de lanzarse aos medios de comunicación.

Por todo o anterior, dende Esquerda Unida-IU, ante a ausencia de información oficial sobre o proxecto, anunciar que permaneceremos vixiantes deste proxecto e do cumprimento da normativa ambiental na espera de que dende a Alcaldía sexanos trasladada a oportuna información.

Ferrol, 11 de xaneiro de 2007


Esquerda Unida-IU de Ferrol

martes, xaneiro 09, 2007

Domingo 21 de Xaneiro, manifestación pola defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]

Escoita a convocatoria



Clicar acima da imaxen para ampliar

Clicar acima da imaxen para ampliar

Campaña de Amnistia Internacional: Proxección do filme Camiño a Guantánamo de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, venres 12 de xaneiro

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de xaneiro de 2007 18:45
Asunto: Campaña de Amnistía Internacional



AMNISTÍA INTERNACIONAL
GRUPO LOCAL FERROLTERRA

Campus de Esteiro
Edificio de Apoio ao Estudo
Av. de Vigo, s/n. FERROL


Prezado amigo,

O 11 de xaneiro é o 5º aniversario do inicio das retencións levadas a cabo no centro de detención da Bahía de Guantánamo, en Cuba. Amnistía Internacional na súa campaña contra a tortura está a desenvolver accións coordinadas para aumentar a presión internacional que poida conseguir o peche deste centro, punta do iceberg de tódolos iniciados ilegalmente dende o atentado do 11 de setembro de 2001 en Nova York.

Como sabes das nosas anteriores comunicacións no Grupo Local de Ferrolterra estamos a traballar nun Proxecto Especial, enfocado a David Hicks, preso australiano capturado o 9 de decembro de 2001 en Afganistán, que na actualidade aínda segue alí retido sen que lle fosen presentados os seus cargos.

Dende Ferrolterra, nós queremos apoiar esta campaña coa proxección da película Camiño a Guantánamo de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, premio á mellor dirección no Festival de Berlín de 2006, no Centro Cultural da Fundación Caixa Galicia no Cantón o venres día 12 de xaneiro ás 20:00 horas.

Agardamos que esta proxección sirva para achegar a máis xente a situación na que se atopan estas persoas, polo que queriamos pedirche a túa colaboración e difusión. Unha aperta.

Grupo Local Ferrolterra.


--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: http://ferrolnovo.blogspot.com

XII Festival Treme a Terra, 19 de xaneiro en Pontedeume

XII Festival Treme a Terra: 19 Xaneiro

O dia 19 de Xaneiro o XII Festival Treme a Terra comezará, ás 21.30hs e a entrada é gratuíta.

Estarán:
· The Homens
· Josele Santiago
· Banda Potemkin
· Festicultores Troupe

Máis información no Diario de Ferrol

Clicar acima para ampliar a imaxen

Mesa Redonda: A Costa Galega unha riqueza a defender, domingo 14 de xaneiro

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21 -artabra21@gmail.com-
Data: 10-Xaneiro-2007 19:08
Asunto: Saúdos e información de Mesa Redonda e Exposición

Caros compañeiros/as:

Reenvío información e convite por se queredes participar, dunha mesa redonda e unha exposición titulada "A costa galega: Unha riqueza a defender".

Básicamente é unha mesa redonda o día 14.1.07 as 12 hs no Círculo Mercantil de Fene, sobre este tema, e unha exposición neste local dende o 14 ao 28 de xaneiro.
Estades convidad@s a asistir, participar, e agradécese difusión da información.

INFORMACION DE MESA REDONDA E EXPOSICION

“A COSTA GALEGA: UNHA RIQUEZA A DEFENDER”



Este domingo 14 de xaneiro no Círculo Mercantil de Fene (CMI Unidade de Fene) as 12 hs realizaremos unha mesa redonda que xirará sobre a temática: A Costa Galega: Unha riqueza a defender.

Achegaremos unha visión realista da situación actual da ría de Ferrol e os principais condicionantes que a motivan, através da ollada de persoas relacionadas coa pesca no noso litoral e co traballo desde as cofrarías de pescadores.

Transladaremos a nosa vision con respeito ás potencialidades e propostas de xestión que, desde a nosa delegación, vemos para o noso entorno. Finalmente é a nosa intención dar unha visión global da situación de cotaminación na que se atopan inmersas as rías galegas e da contaminación relacionada co Prestige.

Interveñen:
· Suso Piñeiro – Presidente Adega-Trasancos.
· Joam L. Ferreiro – Asistente técnico Cofraría de Barallobre
· Antonio Rañales – Patrón de pesca litoral
· Adela Figueroa – Presidenta de Adega

Cordinación: Suso Oca – Adega-Trasancos

Asemade procederemos a innaugurar no mesmo recinto
unha exposición de paneis fotográficos de Adega coa temática: “A costa galega, unha riqueza a defender que permanecerá exposta ao público até o vindeiro domingo 28 de xaneiro.

Para máis información: Suso Oca Tlf - 606.11 98 46.

.....................................................................................................................
Tamén, ainda que seguramente o coñecedes, e por se vos interesa:
-día 18-1-07 Pontedeume: Mesa redonda : "Urbanismo na costa" (pdte concretar hora e lugar)
-dia 21-01: Manifestación Praza de España as 12 hs contra o edificio que queren facer.
-dia 30-1. Concentración no Inferniño contra a Pranta de gas
-dia 30-1: Día Mundial pola Paz (Se algunha de de vosas asociacións teñe pensado algunha actividade, e queiredes convidarnos,fenomenal)
Unha aperta e bo ano para todos/as
Antonio García
-Adega-Trasancos-
Ferrol


O que xa pasou en 2007

As actividades que xa tiveron lugar.-

Este apartado do Blog recolle a relación de actividades que os diferentes colectivos foron realizando nos 12 meses do ano, así como tamém as actividades con un contido social, solidario e reivindicativo que se encadren dentro dos obxectivos da Plataforma.

Estas son as actividades do mes de Xullo de 2007:

Estas son as actividades do mes de Xuño de 2007:

Estas son as actividades do mes de Maio de 2007:


Estas son as actividades do mes de Abril de 2007:



Estas son as actividades do mes de Marzo de 2007:


Estas son as actividades do mes de Febreiro de 2007:

Estas son as actividades do mes de Xaneiro de 2007:

domingo, xaneiro 07, 2007

Nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación, contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
6 de xaneiro de 2007 11:18
Para: Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-


NOTA DE PRENSA, das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España].-

O Goberno Municipal do Concello de Ferrol, está construindo na Praza da Porta Nova [Praza de España], un macro-edificio de uso e lucro privado, nun espazo público que é de toda a cidadanía, que é parte do noso patrimonio arquitectónico-cultural, a nosa praza principal de Ferrol. Van destrozar, ainda máis, a Praza coa presencia dun macro-edificio que a presida, destinado a ser centro comercial, de servizos e lezer privados, duns de 7.500 m2 de superficie, que van poñer en mans dunha empresa para que o xestione como mellor lles conveña, usurpando o que é de todos para beneficio privado.

Na Praza de España, o Concello de Ferrol está a executar unha obra ilegal nun espazo público, nunha praza. Unha obra ("hito urbano" lle chaman, como se a praza non puidese ser un fito urbano sen edificio), que de consumarse suporía hipotecar unha parte do espazo público máis importante da cidade ata dentro de 75 anos. ¿Qué pasará se dentro de dez anos o edificio deixa de ter uso?, ¿teríamos que aguantar a súa ruína durante outros 65 anos ou indemnizar ao concesionario?

Unha obra ilegal que pon en evidencia que mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración que é garante do seu cumprimento, o Concello de Ferrol, pode pasar olimpicamente do cumprimento desta norma na Praza de España. Din que o fito urbano é legalizable, porque no futuro pódese adaptar o Plan Xeral ao que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans. Unha sorte de Far West, no que manda o máis forte. Un territorio no que a cidadanía cumpren as normas mentres a administración as adapta á súa conveniencia.

Na praza de España o negocio está claro, máis o beneficio non. ¿Onde está a necesidade de construír un edificio de 21 m de altura, de uso privado, sobre un espazo público?, ¿quen necesita un edificio de oficinas no medio dunha praza cando na cidade hai centos de oficinas baleiras? ¿Quen necesita un novo centro comercial que arruíne o pequeno comercio da Madalena, un dos recursos máis importantes da cidade? Eles saberán. Nós, dende logo non vemos tal beneficio.

Non queremos que nos sigan roubando o noso patrimonio público. Non queremos un urbanismo que consista na subasta e liquidación do patrimonio público, dos espazos conquistados e mantidos durante anos, xeración tras xeración, co esforzo de todos e todas.

O pasado día 3 deste mes de decembro, manifestamonos en Ferrol, de novo, as asociacións e entidades que promovimos esa mobilización, pretendemos seguir mobilizandonos até acadar os nosos obxectivos que son: que se paralicen as obras e que o goberno municipal busque outras alternativas que non sexa a construcción dese macro-edificio na superficie da Praza, que a Praza quede aberta e limpa para uso e gozo de toda a cidadanía.

Este Luns, dia 8 de xaneiro, ás 19:00 hs nos locais da Asoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga" que é o lugar onde se veñen facendo regularmente as xuntas das asociacións e organizacións convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], está convocada unha nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.




ACORDOS MAIS RELEVANTES DA REUNION DAS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA].-

Data: 08.01.2007

Hora: 19:00 hrs

Lugar: Local social da Assoc. Vec. de "Fontelonga"

Assistentes: A.V. de Ferrol Vello, Colectivo Veciñal de Sartaña, Esquerda Unida - IU , Ateneo Ferrolán, Colectivo Veciñal de Recimil, A.V. de Santa Mariña, A.V. de San Xoán- O Bertón, Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol, A.V. O Rosario - Inferniño, USTG - Unión Sindical de Traballadores de Galicia - Ferrol, A.V. de "Fontelonga", Plataforma Ártabra 21


Reunidas as persoas representantes das diferentes entidades nos locais da Assoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga", ACORDAMOS o que segue:

1º - Ratificar a incorporación ás entidades convocantes do sindicato comarcal da Unión Sindical de Traballadores de Galicia - USTG [
ustg@ustg.es] .

2º .- Modificar a data da MANIFESTACION Popular- NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], para o Domingo, 21 de Xaneiro, ás 12 do mediodía, diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada Garcia.

3º .- Comunicar a Subdelegación do Goberno o cambio de día de celebración da MANIFESTACION Popular. [ Mel]

4º .- Aprobar a propaganda proposta, con algunha modificación de última hora: deseño e cantidades [8.000 folliñas en A5 con o texto da convocatoria, 500 cartaces en A4 e outros 500 en A3]. Aprobase facer un reparto por organizacións convocantes e zonas. [ J.R. Jove e Inácio]

5º.- Solicitar permiso para utilizar a megafonia para convocar [Mel], e megafonear varios días da última semana [ Mel e Miguel López].

6º .- Convocar Rolda de Imprensa para o venres, Sexta-Feira, dia 12 de Xaneiro, às 12:30 hrs na Galería Sargadelos.[Mel]
As persoas que podan estar ese día a esa hora que asistan a Rolda de Prensa, mas quedaron comprometidos: Eliseo Zaera, Mel Sanxoán, Vicente Couce e Fontao.
Mel quedou encargado de avisar a Fran o do Centro Comercial Aberto da Magdalena.

7º .- Despois de celebrada a Rolda de prensa, as diferentes organizacións convocantes, enviarán comunicados de adhesión e apoio a MANIFESTACION Popular.

8º .- Carlos , os Verdes , quedou en conseguir unha megafonía para ler o MANIFESTO ao final do ACTO do Domingo 21 de Xaneiro.
Miguel López, coordinará a megafonía .

9º .- Facer unha faixa para a cabeceira da MANIFESTACION Popular con a seguinte lenda: NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON AO MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]. [Miguel López e Inácio]

10º.- O Manifesto Cidadán, redactado por Miguel Raimúndez da PA21, segue sendo válido, mas quedou-se de reenviar a todas as entidades convocantes para a sua revisión. Se há algum contributo ou proposta de modificacion , comunicala por correo-e a:
defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com

11º .- Enviar unha nota de Prensa o venres, Quinta-Feira, dia 18 de Janeiro, recordando a convocatória da MANIFESTACION Popular do Domingo 21 de Xaneiro. [Mel]

12º .- Acción Sorpresa na Praza da Porta Nova [Praza de España],venres, Sexta-Feira, dia 19 de Xaneiro, às 16:30 hrs, diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza de Amada García. Para ese día ten que estar a faixa feita, para utilizar na Acción.


13º .- Acordamos repartos de propaganda:

* Sábado, dia 13 de Xaneiro, as 11 da mañá no Feirón do Inferniño, xunto ao Palco.
* Mércores, Quarta-Feira, dia 17 de Xaneiro, ás 12 do mediodía no Mercado de Recimil.
* Xoves, Quinta-Feira, día 18 de Xaneiro, ás 7 da Tarde , nos arcos na Praza do Concello.
* Venres, Sexta-Feira, día 19 de Xaneiro, logo de facer a Acción SORPRESA pola tarde.

=============================================

--
SAUDOS

Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, solicitaron entrevista con diferentes organismos da administración autonómica

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
6 de xaneiro de 2007 11:40
Para: Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-


NOTA DE PRENSA.
Miguel Angel Reimúndez González no nome das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], solicitou entrevista con diferentes organismos da administración autonómica.



AO DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL, D. FELIPE JOSÉ ARIAS VILAS.
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con relación ao edificio que o Concello de Ferrol está a promover na Praza de España e o seu impacto negativo no Barrio da Madalena (declarado B.I.C.) ou o Barrio de Recimil (incluído no Inventario de Bens Culturais de Galicia).

Esta edificación, de levarse a cabo, alteraría gravemente a imaxe urbana tanto do Barrio da Madalena (resolta con edificios racionalistas de interese) como da fronte do Barrio de Recimil á Praza de España. Por isto entendemos que esta Dirección Xeral deberíase pronunciar negativamente sobre a modificación puntual do PXOM que o Concello está a tramitar para dar cobertura legal a unhas obras que, hoxendía, non se axustan á legalidade urbanística.


Á DIRECTORA XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA, DONA ECARNA OTERO CEPEDA.
CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

Solicitou, unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda con respecto ao repetido anuncio por parte do Concello de financiar as obras de urbanización da superficie con cargo ao Convenio de Reurbanización da Madalena e Ferrol Vello, asinado hai uns meses entre o Concello de Ferrol e a Consellería de Vivenda.

Entendemos que esto suporía un grave incumprimento de dito convenio, pois na relación de espacios públicos incluidos non figura a Praza de España, e sí moitas rúas e prazas da Madalena e Ferrol Vello nas que as obras de reurbanización aínda están pendentes.


AO DIRECTOR XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL, D. JOAQUÍN LUCAS BUERGO DEL RIO
CONSELLERÍA DE MEDIOAMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con respecto á construcción dun edificio dotacional de 7.000 m2 construidos e 21 m de altura, adicado a usos terciarios e comerciais, na Praza de España en Ferrol.

Tanto a Lei 9/2006, que somete a avaliacion ambiental planes e proxectos, como a "Estrategia de Evaluación del Medio Ambiente Urbano" do Ministerio de Medio Ambiente, que cuestiona a implantación de usos terciarios exclusivos no centro das cidades consolidadas, xunto ca gravísima alteración que o edificio que se está a construir producirá na imaxe da cidade, entendemos que dan pé a un pronunciamento negativo da Dirección Xeral de Medio Ambiente á hora de avaliar a idoneidade do proxecto promovido polo Concello de Ferrol.


AO DIRECTOR XERAL DE URBANISMO, D. RAMÓN SAÚL LUEJE ESPINA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Urbanismo con respecto ás obras da Praza de España en Ferrol.

Estas obras están a recibir unha forte contestaciòn social, e xa son, a día de hoxe, 23 os colectivos cidadáns (plataformas, aavv., sindicatos, partidos políticos e as. culturais) os que se opoñen a esta obra por considerala ilegal (realízanse en contra do planeamento urbanístico vixente) e por supoñer de facto unha apropiación inxustificada, por parte dunha empresa privada, do espacio público máis importante da cidade.

Entendemos ademáis que a situación dos cidadáns que se opoñen a esta obra é de total indefensión, por ser a administración municipal a que incumple o seu propio Plan Xeral de Ordenación Urbana, ao promover dito edificio sobre un sistema xeral viario, e agora promove unha modificación puntual do Plan Xeral co fin de adaptalo a estes fins.

Tendo en conta que é a CPTOPT o organismo no que descansan en última instancia as competencias de disciplina urbanística da Comunidade Autónoma, entendemos que un pronunciamento desta Consellería a favor de dita modificación puntual suporía un grave precedente, ao sancionar unha modificación puntual dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que se realiza co único fin de adaptar a norma a unha obra, cando o que é de xustiza é que sexan as obras as que se adapten a norma vixente.

Reclamamos tamén da Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Dona María José Caride unha tutela efectiva da legalidade urbanística, instando ao Concello de Ferrol á paralización das obras, e se este requerimento non se cumprira no prazo indicado, a executar subsidariamente as competencias que garantan a legalidade urbanística, segundo o previsto no artigo 230 da LOUPMRG.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.